A MÚSICA, NOS SEUS MÁIS VARIADOS ESTILOS, SERÁ A PROTAGONISTA DESTA FIN DE SEMANA EN GALICIA.
Venres
- A soprano Angela Denoke actúa coa OSG, venres e sábado no Palacio da Ópera da Coruña. Sinfonicadegalicia.com
- Dobre función do espectáculo Menú do Día de Carlos Blanco e Luis Davila no Teatro Colón da Coruña: ás 20:30 e ás 23:00 horas.
- Concerto de Vetusta Morla e Zoé no Coliseum da Coruña ás 21:30 horas. Vetustamorla.com
- O recinto exterior de Fexdega, en Vilagarcía, acolle a 7ª gala contra o Cancro que organiza a Orquesta Panorama. Será ás 23:30 horas. Orquestapanorama.com.
- De venres a domingo Ribadavia celebra a LI feira do Viño Ribeiro. Facebook.com/Feria.Vino.Ribeiro
- De venres a domingo Arbo acolle a LIV Festa da Lamprea. Concellodearbo.org
Sábado
- Concerto da Gallaecia Big Band no Salón Teatro de Santiago ás 21:00 horas. Gallaeciabigband.wix.com
- O Teatro Jofre acolle a representación da obra de Lagarta Lagarta, O país do pato Donald. Será ás 20:30 horas.
- Tras o seu paso por A Coruña, Vetusta Morla e Zoé chegan ás 20:30 horas ao Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo. Vetustamorla.com
- O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle a obra Longa viaxe cara á noite do Centro Dramático Galego ás 20:30 horas. Centrodramatico.org
Domingo
- Artes circenses, música en directo e danza compoñen o espectáculo Capas que se representa ás 19:30 horas no Teatro Principal de Santiago.
- O Auditorio Municipal de Ourense acolle o espectáculo Constelaciones a cargo da compañía Aracaladanza. Será ás 19:00 horas. Aracaladanza.com
- Comeza en Lugo Lugomáxico 2014, que se celebrará ata o próximo 10 de maio. Iníciase cunha Gala infantil no Auditorio Gustavo Freire. Lugomaxico.es
- A Orquesta Gaos ofrece un concerto extraordinario ás 20:30 horas no Palacio da Ópera da Coruña. Orquestagaos.com.
- Ourense celebra durante esta xornada a súa tradicional Festa dos Maios.
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )