
A cidade de Ferrol prepárase para acoller a quinta edición do Congreso Europeo de Turismo Industrial que se celebrará entre o 17 e o 20 de xuño na cidade cun programa para o que xa hai máis de 150 persoas inscritas.
Entre os temas que se tratará ao longo do congreso destacan ‘O turismo industrial e o mar’, ‘O turismo como motor do cambio industrial’ e ‘O patrimonio industrial e o turismo: Unha visión do futuro’.
As actividades paralelas que se ofertarán aos participantes inclúen tanto a Ruta de construción naval coma a conservera ou visitas a empresas coma Inditex ou Navantia.
O congreso está organizado pola Deputación da Coruña en colaboración coa Dirección Xeral de Empresa e Industria da Comisión Europea, a Asemblea de Cámaras de Comercio e Industrias Francesas (CCI France) e a Cámara de Comercio e Industria de Toledo.
Imaxe de Larutadelaconstruccionnaval.es