
Galicia, con 249 distincións Q de Calidade Turística posúe o 18% destas certificacións do país e posiciónase como a primeira comunidade en termos de poboación.
O 2003 só 13 empresas galegas contaban con esta distinción que, en 2013, alcanzou a cifra de 249. A entrega de diplomas abrangueu iniciativas hostaleiras como restaurantes ou cafetarías pero tamén axencias de viaxes, casas rurais, clubs náuticos, pazos de congresos, turismo activo, enolóxico e cámping.
A mención especial foi para o establecemento A Postrería, aberto en 2006 na Coruña.