
O Museo Interactivo da Historia de Lugo acolle desde esta semana Féminas: As mulleres en Roma, unha exposición adicada ás mulleres na sociedade romana. A mostra, que se poderá visitar ata o 29 de xuño, enmárcase no variado programa previo á festa do Arde Lucus.
A exposición componse de once paneis informativos centrados en temas como a condición xurídica da muller en Roma, as deusas do Olimpo, a muller e o poder, o sexo, a beleza, a mediciña ou a escritura. Tamén se exhiben algúns obxectos como xoguetes infantís, pendentes, amuletos, xoias ou útiles de beleza.
A mostra forma parte da programación do Lvcvs Cvltvral, que inclúe un ciclo de conferencias, visitas guiadas, actividade e xornadas temáticas nos diferentes barrios da cidade. A programación comezou no mes de abril e prolongarase ata o 11 de xuño.