O Concello de Ribadeo celebra, dende o sábado 10 de maio ata o 18 do mesmo mes, unha nova edición, a novena, do concurso gastronómico Ribadeo de tapeo.
Nesta ocasión participarán un total de 48 locais de hostalaría do municipio que se organizarán en 4 rutas diferentes, ademais da ruta 16 (para os que proben 4 tapas de cada ruta) ou a ruta exprés (para os que decidan pasar a noite en Ribadeo).
Entre as novidades destaca a tapa de Ribadeo que pretende impulsar os produtos da zona, pero tamén haberá premios para a mellor barra e a mellor tapa elixida polo público. Os clientes poderán optar a premios do máis variado: dende cheques regalo, a paquetes de viño ou unha viaxe, entre outros. Ademais, garcias á iniciativa Sonos Gastronómicos, haberá un 15% de desconto nas pernoctacións.
MAPA DE LOCAIS
Por outra parte, Ribadeo de tapeo contará cunha aplicación para móbiles e toda a información do evento na web Ribadeo.org ou na páxina de Facebook de Ribadeo de Tapeo.