MÚSICA, TEATRO, HUMOR E FESTAS GASTRONÓMICAS LÉVANSE O PROTAGONISMO DESTE FIN DE SEMANA.
Venres
- Café Quijano presenta o seu traballo Origen: El Bolero Vol.2 no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo. Será ás 21:00 horas. Cafequijano.com
- Sergio Dalma leva o seu novo espectáculo ao Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo ás 21:30 horas. Sergiodalma.es
- De venres a sábado, o Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle a representación de Las rameras de Shakespeare ás 20:30 horas.
- O espectáculo de Cesc Gelabert poderase ver ás 20:30 horas no Teatro Colón da Coruña. Gelabertazzopardi.com
- Mitad y mitad está de xira por Galicia e o venres esta obra subirá ao escenario do Centro Social Novacaixagalicia de Pontevedra ás 20:30 horas.
- De venres a domingo Oroso acolle a XVIII Feira da troita. Concellooroso.com
Sábado
- O Teatro Principal de Ourense acolle a representación de La Anarquista. Será ás 20:30 horas.
- Rober Bodegas e Cándido Pazó actúan no Teatro Salesianos de Vigo ás 21:00 horas.
- Mago de Oz ofrece un concerto ás 21:00 horas na Sala Capitol de Santiago. Magodeoz.com
- Malú chega coa súa xira Sí ao Coliseum da Coruña. A cita será ás 22:30 horas. Maluweb.com
- Tras o seu paso por Pontevedra, Mitad y mitad represéntase no Centro Cultural de Vigo ás 20:30 horas.
- O actor Daniel Currás leva ao Teatro Colón da Coruña o seu espectáculo Memorias de un actor falperrano.
- O Auditorio Gustavo Freire de Lugo acolle a Gran Gala Internacional Lugomáxico 2014 a partir das 21:00 horas. www.lugomaxico.es
- En Redondela celébrase, sábado e domingo, a XXVIII Festa do choco. Redondela-server.net
- Tamén sábado e domingo o pan será o protagonista en Carral coa XII Festa do pan. Concellocarral.com
Domingo
- Mitad y mitad chega ao Auditorio Novagalicia de Santiago ás 20:30 horas.
- Manuel Manquiña e Tony Lomba presentan Música ligera no Teatro Jofre de Ferrol ás 20:00 horas.
- O Ifevi de Vigo clausura o XIV Motorocasión. Ifevi.com
- Melide festexa a XXIII Festa do Melindre. Concellodemelide.org
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )