O próximo sábado, 3 de maio, a Ruta do Viño de Ribeira Sacra organiza unha ruta enoturística que inclúe a ruta de sendeirismo A Cubela, que transcorre por Ribas de Sil, así como comida, visita cultural e a unha adega.
A ruta partirá ás 9.30 horas do Castro de Abaixo e terá unha duración aparoximada de 4 horas, nas que se percorrerán 13 quilómetros. Despois realizarase un descanso para comer en Ribas de Sil e pola tarde haberá visitas ao Museo Etnográfico Municipal de Quiroga e á adega de Manuel Mondelo Rodríguez en Bendollo (tamén en Quiroga). O prezo é de 20 euros por persoa e as inscricións poden facerse nos teléfonos 698 167 991 e 982 410 968 ou no email rutavino@ribeirasacra.org.