IMPORTANTES CONCERTOS, RECOÑECIDOS ACTORES, ARTISTAS QUE NOS RECORDAN A NOSA INFANCIA, UN POUCO DE HUMOR E FESTAS GASTRONÓMICAS SON OS INGREDIENTES DO MENÚ DESTA SEMANA DA AXENDA DE OCIO GALEGA.
Venres
- Venres e sábado, Ana Milán e Fernando Guillén Cuervo protagonizan El diario de Adán y Eva ás 21:00 horas no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
- David Amor e Taninos Jazz Band únense nun espectáculo que se celebrará ás 21:00 horas no Teatro Principal de Santiago. Davidamor.es
- De venres a domingo, Ribadumia celebra a XLII Festa do Viño Tinto do Salnés. Ribadumia.org
Sábado
- Concerto de Bunbury no Multiusos Fontes do Sar de Santiago ás 21:30 horas. Enriquebunbury.com
- Luz Casal actúa no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo ás 21:30 horas. Luzcasal.es
- La Cubana presenta Campanadas de boda o sábado e o domingo no Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de Vigo.
- O espectáculo Cavallería Rusticana de Prieto Mascagni chega ao Auditorio Municipal de Ourense ás 21:00 horas.
- La llamada represéntase ás 21:00 horas no Teatro Colón da Coruña.
- A obra Sede de mal chega ao Teatro Jofre de Ferrol ás 20:30 horas.
- La cena de los idiotas represéntase ás 21:00 horas no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.
- Sábado e domingo Ribas de Sil celebra a XII Festa da cereixa e do aceite de San Clodio Concelloribasdesil.es
Domingo
- O Auditorio de Galicia de Santiago acolle ás 20:30 horas o espectáculo Berrogüetto, unha luz que non se apaga. Berroguetto.com
- Tras o seu paso por Vilagarcía La cena de los idiotas chega ás 20:00 horas ao Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.
- Teresa Rabal presenta Veo Veo el musical ás 18:00 horas no Teatro Colón da Coruña.
- Corbacho 3G é o espectáculo que José Corbacho protagoniza nol Teatro Jofre de Ferrol ás 21:00 horas.
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )