A Festa da Ameixa de Carril, en Vilagarcía de Arousa, a Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira da Guarda, e o Oenach Atlántico de Narón, son as tres novas Festas de Interese Turístico de Galicia ao cumpriren os requisitos definidos no Decreto 39/2001, regulador da Declaración reste tipo de eventos.
A Festa da Lagosta celébrase de modo ininterrompido dende o ano 1991 e dende o ano 2000 incluíu tamén unha mostra da gastronomía local con novos mariscos e moluscos polo que pasou a denominarse Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira da Guarda.
A Festa da Ameixa de Carril naceu en 1992 na parroquia do mesmo nome para a promoción do turismo gastronómico da zona mediante a exaltación deste produto.
O Consello da Xunta tamén aprobou a declaración como Festa de Interese Turístico de Galicia para o Oenach Atlántico de Narón unha festa de recreación celta que se celebra desde o ano 2002.
Con estas declaracións, a comunidade conta xa con 101 festas de Interese Turístico de Galicia, 13 festas de Interese Turístico Nacional e 6 festas de Interese Turístico Internacional.