TRADICIÓN, GASTRONOMÍA E MÚSICA DO MÁIS VARIADO SON OS INGREDIENTES DA AXENDA CULTURAL E FESTIVA DA FIN DE SEMANA EN GALICIA.
Venres
- Venres e sábado o parque A Cachada de Boiro acolle o festival Boiro Dance 2014. Boirodance.es
- Jamie Cullum ofrece un recital ás 23:00 horas no Auditorio de Castrelos, en Vigo. Jamiecullum.com
- Venres e sábado o Teatro Colón da Coruña acolle a representación da obra Resofocos.
- Ares celebra a XXXII Festa do Langostino. Concellodeares.com
- Georgi Dann ou Ruxe Ruxe son algúns dos artistas que participarán nesta xornada do Brincadeira Festival en Santiago. Brincadeirafestival.com
- Love of Lesbian, Delafé y Las Flores Azules, Misterioso viaje a Holanda e La senda de Afra protagonizan o cartel do Noroeste Pop Rock da Coruña na praia de Riazor. Facebook.com/festivalnoroestepoprock
Sábado
- Comezan en Pontevedra as festas da Peregrina 2014. Concellopontevedra.es
- Sábado e domingo Mondoñedo celebra a XXII edición do seu mercado medieval. Mondonedo.net
- Cervo acolle unha nova celebración da súa tradicional Maruxaina.
- Gloria Gaynor, Fangoria, Tony Lomba ou Ignatius Farray son parte do cartel do último día do Brincaderia Festival de Santiago de Compostela. Brincadeirafestival.com
- Última xornada do Noroeste Pop Rock na Coruña con Bourbon Queen, Anima, Los Eskizos e Madness. Facebook.com/festivalnoroestepoprock
Domingo
- O Auditorio de Vilagarcía de Arousa acolle o Musical de los Payasos de la Tele, La gran aventura. Será ás 20:30 horas.
- Dentro das festas da Peregrina de Pontevedra, Duncan Dhu actúa ás 22:30 horas na praza de España. Duncandhu.net
- A Festa do pulpo de O Carballiño cumpre 52 anos. Festadopulpodocarballino.es
- Finaliza en Malpica a XXXI Mostra da Olería de Buño. Concellomalpica.com
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )