GALICIA10 OFRECE UNHA SELECCIÓN DALGÚNS DOS MELLORES PLANS DE OCIO PARA GOZAR DESTE NADAL.
- Os grandes do gospel Voices of Jubilation Gospel Choir chegará ao Teatro Principal de Ourense o 20 de decembro ás 19:00 horas.
- O Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo ofrece ás 20:30 horas do 21 de decembro o III Festival Os Grandes do Gospel Galicia 2015.
- Actuación de Chicago Mass Choir no Teatro Colón da Coruña o 23 de decembro ás 20:30 horas. chicagomasschoir.com
- O Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo acolle o espectáculo da Rock Symphony Orchestra o 27 de decembro ás 19:00 horas.
- O 19 de decembro represéntase o clásico de danza La bella durmiente no Teatro Colón da Coruña ás 20:30 horas.
- Ana Morgade actúa ás 20:00 horas do 19 de decembro no Auditorio Gustavo Freire de Lugo co seu espectáculo Morgadeces.
- Do 22 ao 28 de decembro Cirque du Soleil estará no Coliseo da Coruña co seu espectáculo Varekai. cirquedusoleil.com
- Jorge Blass leva o seu espectáculo El arte de la magia o día 26 de decembro ao Teatro Colón da Coruña e o 27 ao Teatro Afundación de Vigo. jorgeblass.com
- El lago de los cisnes chega a Vigo, ao Teatro Afundación, o 2 de xaneiro ás 20:30 horas e ao Teatro Afundación de Pontevedra, o 3 de janeiro ás 19:00 horas.
- Xuvenlugo celébrase no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo do 18 ao 23 de decembro, do 25 ao 30, do 1 ao 4 de xaneiro e do 8 ao 10.
- O concello de Silleda acolle, durante as vacacións de Nadal Silleda Park. feiragalicia.com
- Los músicos de Bremen. El musical chega ao Auditorio Municipal de Ourense o día 19 de decembro ás 17:00 horas.
- O 22 de decembro o Teatro Colón da Coruña ofrece o musical El mago de Oz. Será ás 18:00 horas.
- Do 26 ao 30 de decembro A Coruña acolle unha nova edición do Festival de Títeres María José Jove. fundacionmariajosejove.org
- Tamén do 26 ao 30 de decembro A Coruña celebra o X Salón de Ocio Nadaliño. Será en Palexco. nadalinocoruna
- O grupo infantil Pica Pica visitará varias cidades de Galicia. Estará no Auditorio Gustavo Freire de Lugo o día 26 de decembro, no Teatro Afundación de Pontevedra o 29 e en Afundación de Vigo o día 30. lospicapica.com
- El rey de la sabana. El león estará o 27 de decembro no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago e no Palacio de Congresos Mar de Vigo o 28.
- Pocoyó y sus amigos chegan ao Teatro Colón da Coruña os días 2 e 3 de xaneiro.
- E, por suposto, durante toda a tarde do 5 de xaneiro, as grandes protagonistas de todas as cidades e concellos galegos, serán as cabalgatas de SS.MM los Reyes Magos de Oriente.
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou vila, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )