ESPECTÁCULOS DO MÁIS VARIADO E PROGRAMACIÓN FAMILIAR PARA ESTE PRIMEIRO FIN DE SEMANA DE DECEMBRO
- The Hole2 chega ao Teatro Afundación de Vigo con funcións durante todo o fin de semana. theholeshow2.com
- Marianne Cornetti actúa no Auditorio de Ferrol ás 20:30 horas co espectáculo De Verdi a Broadway.
- O Teatro Rosalía Castro da Coruña ofrece ás 20:30 horas Sazón, dentro do seu ciclo TRCdanza.
- Xoel López estará na Sala Finisterrae da Coruña ás 22:30 horas. xoel.com
- Durante todo o fin de semana Pontevedra celebra unha nova edición de Culturgal. culturgal.com
- O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolle unha nova edición de Xuvenlugo, que se estenderá ata principios de xaneiro.
- O Auditorio de Congresos Mar de Vigo acolle The Beatles Tribute a partir das 21:30 horas.
- El zoo de cristal represéntase ás 20:30 horas no Teatro Principal de Ourense.
- O Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago contará con dobre función do Circo de Nadal ás 17:00 e ás 19:30 horas.
- Mariella Devia actúa ás 20:00 horas no Palacio da Ópera da Coruña.
- Ata o 8 de decembro, Expourense celebra unha nova edición de Megaxove. expourense.org
- O Palacio da Ópera da Coruña acolle The Beatles Tribute a partir das 19:00 horas.
- Curtis celebra unha nova edición da Festa da nabiza e do queixo. curtis.es
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )