O TEATRO E AS FESTAS GASTRONÓMICAS PROTAGONIZAN ESTE FIN DE SEMANA
- O Auditorio Municipal de Ourense acolle a partir das 20:30 horas a representación de Nosa Señora das Nubes a cargo de Teatro do Morcego.
- Mofa&Befa leva Shakespeare para ignorantes ás 21:00 horas ao Auditorio do Concello de Vigo. www.excentricas.net/es/mofa-e-befa
- No Pazo da Cultura de Pontevedra represéntase Raclette ás 21:00 horas.
- Faemino y Cansado estarán, venres e sábado, no Teatro Colón da Coruña. www.facebook.com/faeminoycansadooficial
- O Auditorio de Galicia de Santiago acolle a representación de Amigos ata a morte ás 21:00 horas.
- Guadi Galego ofrece un concerto no Teatro Principal de Santiago ás 22:00 horas. www.folmusica.com/artista/guadi-galego
- De venres a domingo Arbo celebra a Festa da Lamprea. www.concellodearbo.es
- Dobe función de Menú da Noite con Carlos Blanco e Luis Davila no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo. Será ás 20:00 e ás 22:30 horas.
- O Teatro Afundación de Vigo acolle ás 20:30 horas o espectáculo Tres flamencos e mil versos.
- Teatro do Morcego representa Presidente ás 20:30 horas no Teatro Jofre de Ferrol.
- O Teatro Principal de Santiago ofrece ás 20:30 horas Shakespeare para ignorantes de Mofa&Befa.
- Ordes celebra unha nova edición da Festa do Champiñón. www.ordes.gal
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )