Un total de 22 profesionais de toda Galicia e máis de 300 persoas déronse cita no Hostal dos Reis Católicos para seguir a competición e coñecer ao campión absoluto da coctelería de Galicia en 2016. O cóctel dixestivo ou after dinner, a modalidade elixida pola organización para esta edición, deulle a vitoria a Xaime Rodríguez Trigás, da coctelería Kubos de Lalín, que se alza así co título de Mellor Coctelero de Galicia 2016. Co seu cóctel JJ obtivo o primeiro posto no Campionato Galego de Coctelería 2016 mentres que o subcampionato foi para Guillermo González, da cocteleria Moon93 en Carballiño co seu cóctel FreshMoon93.
A creación deste coctelero ourensán, OrujoMoon foi tamén a que lle permitiu alzarse co Trofeo Especial do Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Pero, ademais do Campionato Galego, a Capela Real do Hostal tamén acolleu o VIII Campionato Galego de Flairtending no que a vitoria foi para Carlos Abilleira co seu cóctel De Película. Estes tres profesionais, de Lalín, Ourense e Pontevedra, respectivamente, permítelles ser os representantes galegos no Campionato Nacional de Coctelería, que se celebrará o próximo mes de outubro en Madrid.