Santiago acaba de presentar o cartel das Festas da Ascensión 2016, que se celebran este ano do 4 ao 8 de maio co obxectivo de unir programación tradicional e de vangarda con grupos locais e actividades para os máis pequenos da casa.
O primeiro concerto chegará da man deSantiago 40 Pop, coas actuacións de Efecto Pasillo, Álvaro Soler, Furious Monkey House e Fredi Leis. O día da Ascensión, a praza da Quintana acolle a Freed Wesley, Aurora e The Betrayers. Davide Salvado e Soleá Morente completarán a oferta musical.
Entre outras actividades mantense a Andaina dos 50 km de Santiago ou o Trofeo de Ascensión de Ciclismo, así como o concurso cabalar do recinto feiral de Amio. Tamén en Amio se celebra a XIX Festa para os Maiores. Por outra parte, os máis pequenos contarán cunha programación especial na praza do Seminario de San Martiño Pinario, onde haberá un espazo escénico creativo.