AS FESTAS DESPEDIRÁN ESTE ÚLTIMO FIN DE SEMANA DE AGOSTO.
- Dentro das festas de Ferrol, concerto de Dvicio ás 22.30 horas na praza de España. dvicio.com
- De venres a domingo Foz celebra a Festa Normanda. concellodefoz.es
- Venres e sábado nova edición do Lugnasad en Cedeira. cedeira.gal
- Durante todo o fin de semana Salvaterra de Miño acolle a Festa do Viño do Condado do Tea. concellodesalvaterra.org
- Venres e sábado Ribadavia celebra unha nova edición da Festa da Istoria. ribadavia.es
- Desde o día 26 ata o 30, Viveiro acolle a romaría de Naseiro.
- Bunbury actúa nas festas de Ferrol. Será ás 22:30 horas na praza de España. enriquebunbury.com
- Sábado e domingo A Coruña celebra a romaría de Santa Margarita.
- La Década, Merche e David Civera actúan nas festas de San Bartolomeu de Noia.
- O Palacio da Ópera da Coruña acolle o espectáculo De Verdi a Broadway. Será ás 20:30 horas.
- Actuación de Christina Rosenvinge ás 21:30 horas na praza de Amboage de Ferrol. christinarosenvinge.com
- Finaliza a Festa do Mar de Poio. concellopoio.es
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )