Fotografía cedida por Trivago
O comparador de prezos Trivago acaba de publicar unha lista de recomendacións para viaxar con mascotas que inclúe un total de 8 hoteis pet friendly españois, entre os que se atopa o Augusta Spa Resort de Sanxenxo.
Trivago destaca que este establecemento vai máis aló da admisión de animais, xa que contan co Pet Resort, unha zona exclusiva para o uso e goce de donos e mascotas con piscina e casetas especializadas. Tamén hai habitacións habilitadas -parte do abono do suplemento destínase a protectoras de animais-.
Indican, ademais, que o enclave do hotel posibilita realizar tranquilos paseos rutineiros ou acudir ás praias das inmediacións, como Espiño, que permiten a entrada de mascotas.