O próximo 3 de setembro Ribadavia acollerá o X Festival Arteficial un dos referentes da música alternativa no norte da península que se caracteriza polo seu formato diúrno.
Entre as 12:00 e as 23:00 horas, o conxunto histórico desta localidade, ofrecerá tres escenarios diferenciados polos que pasarán 11 bandas. Ademais haberá unha zona de mercado alternativo e gastronomía.
Entre as novidades destacan as festas post festival en diferentes pubs de Ribadavia con dj’s de música alternativa ata altas horas da noite.