A xornada de degustación e maridaxe no Casino A Toja do Consello Regulador das Indicacións Xeográficas (CRIIGG) Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia convértese nunha cita consolidada que este ano terá lugar o xoves, 25 de agosto, baixo o lema Eu, de etiqueta.
Un evento, de carácter gratuíto e con prazas limitadas, no que os Augardentes e Licores amparados polo Consello Regulador póñense as súas mellores galas para ser degustados a partir das 21:00 horas. Para asistir a esta cita, só hai que formalizar a inscrición a través do teléfono 986 731 000 ou en www.casinolatoja.com.
A destiladora da empresa Viña Branca do Salnés, Sonia Otero, será a encargada de dirixir a cata comentada de produtos amparados. Realizarase unha cata a cegas que consistirá nunha degustación de Augardente de Bagazo. Como complemento, desde o Casino A Toja ofrecerán un aperitivo composto por diferentes pratos nos que se utilizan como ingrediente algún dos Augardentes e Licores Tradicionais amparados. Ademais, tamén se adicará un espazo á coctelería.