Las 8 estaciones é o espectáculo de música clásica que ofrecerá o Teatro Colón da Coruña a partir das 21:00 horas.
Malasombra represéntase ás 22:30 horas no Auditorio Municipal de Cangas.
Na Guarda comeza a III Festa do mexillón que se prolongará durante todo o fin de semana. AGUARDA.ES
Varias feiras medievais celebraranse estes días na nosa comunidade durante todo o fin de semana: a X Feira Medieval de Padrón; o IV Mercado Medieval de Narón; e a Feira Franca Medieval de Betanzos. BETANZOS.NET
Rosario Mohedano, Rosa Benito e Carlos Vargas protagonizan En vivo ás 21:00 horas no Teatro Colón da Coruña.
Concerto de Pablo Alborán no Coliseo da Coruña a partir das 22:30 horas. PABLOALBORAN.ES
Ás 22.30 horas os Eskizos presentan o seu novo disco na Sala Mardi Gras da Coruña. FACEBOOK.COM/LOS-ESKIZOS
O Auditorio de Cangas acolle A won woman show ás 22:30 horas
A praia de Razo, en Carballo, acolle unha nova edición do seu Festival Sereas e Piratas. SEREASEPIRATAS.NET
Mugardos celebra a súa XXV Festa do polbo. CONCELLODEMUGARDOS.GAL
Meis acolle a celebración da XXV Festa dos callos. MEIS.ES
Clausura da XVIII Feira do Viño de Valdeorras con cata popular e entrega de premios. CONCELLODOBARCO.ORG
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )