A Concellaría de Turismo de Baiona volve apostar polas visitas guiadas durante o verán e, por este motivo, pon en marcha un percorrido -a cargo dunha guía oficial- polo amplo patrimonio cultural desta localidade. A cita será os mércores e sábados ás 11.00 horas dende o 15 de xullo ata o 29 de agosto.
As visitas son gratuítas e os que estean interesados tan só teñen que achegarse, á hora indicada, á oficina de turismo situada no Paseo Ribeira. O percorrido, de 90 minutos de duración, pasará polo monumento Encuentro Entre Dos Mundos, o Paseo Ribeira, o Casco Histórico e a Casa da Navegación de Baiona.