Venres, sábado e domingo o Teatro Colón da Coruña acolle a representación de Mellizos Por Humor al Arte.
Sés e Os Cempés ofrecen un concerto a partir das 22:30 horas na praza de España de Pontevedra. pontevedra.gal
Foz celebra o venres e o sábado o Tentacle Summer Festival. TentacleSummer
De venres a domingo Ponteceso acolle o Festival con V de Valarés. vdevalares.com
Na Coruña, no paseo marítimo a partir das 23:00 horas, realízase a tradicional Batalla Naval. coruna.es
Melendi ofrece un concerto, a partir das 22:00 horas, en Samil, Vigo. melendioficial.com
A partir das 22:00 horas, Xacarandaina actúa na praza de María Pita da Coruña. xacarandaina.com
Kate Ryan, Merche e Azúcar Moreno serán as protagonistas musicais das festas de Sada.
Antonio Orozco actuará dentro das festas de Melide. antonioorozco.com
A Cañiza celebra a XLIX Festa do Xamón. caniza.org
A praza de España de Pontevedra acolle o concerto de Carlos Jean ás 22:30 horas e ás 00.00 horas haberá fogos de artificio. pontevedra.gal
Dentro das festas de San Roque de Vilagarcía, celébrase, a mediodía, a tradicional Festa da Auga. vilagarcia.es
As festas de Cedeira contarán coa actuación de Los Inhumanos, La Pegatina e The Barefoots a partir das 22:00 horas na praza Roja. cedeira.es
Betanzos celebra as súas festas de San Roque, nas que unha das actividades máis destacadas é a protagonizada polo seu famoso globo. betanzos.net
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )