O número de pasaxeiros que utilizou os tres aeroportos galegos creceu no mes de xullo ata superar os 423.000 usuarios, segundo os datos de Aena.
O maior crecemento rexistrouse na capital galega, en concreto, Santiago faino nun 14,1%, mentres que Vigo e A Coruña crecen un 13,4% e un 5,1% respectivamente.
No que vai de ano, 1,2 millóns de persoas utilizaron as instalacións de Lavacolla, 589.000 as de Alvedro e 392.000 as de Peinador.