O Teatro Colón da Coruña acolle ás 20:30 horas o espectáculo de danza Atlántica.
O Teatro Rosalía Castro da Coruña ofrece, venres e sábado, a representación de Olivia y Eugenio. Será ás 20:30 horas.
A Sala Capitol de Santiago acolle, ás 21:30 horas, a actuación de The Cyborgs. salacapitol.com
O Teatro Afundación de Vigo ofrece o espectáculo Xardín desordenado ás 20:30 horas.
David Guapo protagoniza un monólogo ás 21:00 horas en Afundación de Pontevedra. davidguapo.com
En Rianxo finalizan as Festas da Guadalupe 2015. Guadaluperianxo.org
En A Pobra do Caramiñal comezan as festas do Nazareno.
Martín Camiña protagoniza o ciclo Forumáxico cunha función ás 19:00 horas no Fórum Metropolitano da Coruña. martinilusionista
Tras o seu paso por Pontevedra, David Guapo, actúa no Teatro Colón da Coruña ás 20:30 horas. davidguapo.com
O Auditorio Municipal de Vigo ofrece, a partir das 21:00 horas, a presentación do novo traballo de Virandeira Folk. virandeira
O Auditorio de Galicia de Santiago acolle a representación de El largo viaje del día hacia la noche a partir das 20:30 horas.
Poio celebra a 28ª Festa da ameixa. concellopoio.com
Moncho Borrajo ofrece, no Teatro Jofre de Ferrol, Moncho Panza. Será ás 20:00 horas.
Fornelos de Montes acolle a 11ª Festa da zorza.
Coristanco celebra unha nova edición da Festa da Pataca. concellocoristanco.es
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )