A cidade de Santiago de Compostela celebrará entre o 15 e o 18 de outubro o evento Fairway, unha iniciativa que abordará todo o relacionado coa ruta xacobea desde unha perspectiva global, o que o converte nunha experiencia única.
Deste xeito, haberá espazo para a reflexión, a exposición ou para os principais operadores turísticos relacionados co Camiño de Santiago. Por unha banda será unha excelente oportunidade para a reflexión, a análise e o networking e intercambios comerciais. Por outra, celebrarase o Fairway Forum con diferentes actividades que permitirán coñecer distintas perspectivas da ruta.