A Deputación da Coruña, destinará un total de 75.000 euros para obras de acondicionamento e sinalización da Ruta do Medievo, entre Betanzos e Cabo Ortegal, dentro de convenio con Turismo de Galicia para a mellora do Camiño Inglés.
Ademais destas actuacións dirixidas a senderistas, turismo ecuestre e BTT, a iniciativa tamén contempla a edición de folletos explicativos deste percorrido de 90 quilómetros entre Betanzos e Chelo ata Punta dos Aguillóns ou Vixía Herbeira. Visita, ademais, enclaves de gran valor patrimonial e natural como os mosteiros de Monfero e Caaveiro, os castelos de Naraío e Moeche ou as Fragas do Eume e Serra da Capelada.