MOITA MÚSICA, TEATRO, HUMOR E FESTAS DURANTE ESTE FIN DE SEMANA
- O Teatro Colón da Coruña ofrece, venres e sábado ás 20:30 horas, a obra Kafka enamorado.
- No Teatro Rosalía Castro da Coruña represéntase Pequenas certezas, será venres e sábado ás 20:30 horas.
- Cedric Burnside actuará ás 21:30 horas na Sala Capitol de Santiago. salacapitol.com
- O Teatro Afundación de Vigo acolle o espectáculo El estanque dorado ás 20:30 horas.
- O Auditorio do Palacio de Congresos Mar de Vigo acolle a Gemeliers en concerto ás 21:00 horas. Gemeliers
- Comedy Zoo Tour chega ao Teatro Afundación de Vigo ás 20:00 horas. comedyzoo.es
- Xabier Díaz presenta o seu novo traballo discográfico ás 20:30 horas no Auditorio Municipal de Vigo. xabierdiaz.com
- Contos na lareira, con Carlos Blanco e César Sanmartín, chega a Afundación de Pontevedra ás 21:00 horas.
- Cantajuego ofrece doble función no Auditorio Gustavo Freire de Lugo. Será ás 16:30 e ás 19:00 horas. cantajuego.com
- Antonio Orozco ofrece un concerto, dentro do seu Tour Destino, no Palacio de la Ópera da Coruña ás 21:30 horas. antonioorozco.com
- En O Grove comezan as Xornadas da Exaltación da Centola. concellodogrove.es
- Tras o seu paso por Lugo, Cantajuego chega ao Auditorio Municipal de Vilagarcía ás 16:30 e ás 19:00 horas. cantajuego.com
- Comedy Zoo Tour pasará polo Teatro Principal de Ourense ás 19:00 horas. comedyzoo.es
- O musical Iba en serio, con Jorge Javier Vázquez, estará no Palacio de la Ópera da Coruña ás 18:00 e ás 21:00 horas.
- Paloma San Basilio e Los chicos del coro presentan Voces para el alma no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo ás 20:00 horas. palomasanbasilio.es
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )