O concello da Coruña organiza o I Festival Bocata Gourmet que terá lugar o sábado 5 de decembro no mercado de San Agustín, coincidindo coa Ponte da Constitución.
Incluirá showcookings a mans de recoñecidos cociñeiros da cidade (as dúas Estrellas Michelín da cidade, Alborada e Árbore da Veira), oito puntos de venda de bocatas gourmet, talleres infantís ou un concurso de bocadillos das escolas de hostalería, un programa que estará acompañado da música en directo do DJ Cuco.
O obxectivo desta acción é fomentar a calidade gastronómica coruñesa, como un dos recursos máis destacados dentro da súa oferta turística e, ao tempo, poñer en valor os mercados de abastos como núcleos da gastronomía e punto de encontro.
As actividades do Festival darán comezo ás 10:00 horas. Xa pola tarde, ás 16:00 horas, terá lugar a final do Concurso de Bocadillos Gourmet, coa participación das Escolas de Hostalería da cidade, no que os e as aspirantes elaborarán en directo as súas propostas gastronómicas, que serán valoradas por un xurado formado por expertos e profesionais do sector.