
Semana Santa
Festas gastronómicas e eventos de todo tipo súmanse á programación máis tradicional de Semana Santa
- Declarada de interese turístico internacional, ofrece a visitantes e veciños máis de 20 procesións, sendo o xoves e o venres santo, os días nos que máis fieis se dan cita. SEMANASANTAFERROL.ORG
- Tamén declarada de interese turístico internacional, destaca por ser unha das máis antigas de Galicia, pola cantidade de turistas que se achegan e polo seu valor artístico. SEMANASANTAVIVEIRO.COM
- Declarada de interese turístico nacional, as procesións celébranse desde o venres de Dolores, aínda que unha das súas peculiaridades é a representación da resurrección que se celebra cada Domingo de resurrección.CONCELLOFISTERRA.COM
- Declarada de interese turístico de Galicia, é outra das celebracións clásicas da nosa comunidade. Destaca, entre outras a procesión da Santa cena, o Xoves Santo. CANGAS.ORG
- Juan Perro actúa o sábado 26 no Auditorio de Ferrol ás 20:30 horas. www.lahuellasonora.com
- Amigos ata a morte represéntase o sábado 26 no Auditorio Gustavo Freire de Lugo. Será ás 20:30 horas.
- Circo Chosco leva Forzu2 ao Auditorio Municipal de Ourense o domingo 27 ás 12:00 horas.
- Xove celebra o xoves 24 a XV Festa do polbo da pedra. xove.es
- O venres Muxía acolle a Festa do Congro. concellomuxia.com
- As Neves realiza o venres a XXV Feira do Requeixo e mel. asneves.com
- A Feira do Queixo do Cebreiro celebra o venres o seu trixésimo aniversario. cebreiro.es
- O sábado e o domingo Portomarín acolle a XLVI Festa da augardente. concellodeportomarin.es
- Desde o mércores ata o domingo, Camariñas ofrece a XXVI Mostra do encaixe. camarinas.net
- Ferrol celebra unha nova edición de Equiocio desde o xoves aocdomingo. equiocio.es
- O sábado Monforte acolle a XVI Feira Medieval. monfortedelemos.es
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )