Raphael chega este fin de semana a Galicia coa súa xira De Amor & Desamor. Estará no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo ás 20:30 horas. RAPHAELNET.COM
No Teatro Afundación de Vigo represéntase ás 21:00 horas Sede de mal.
O Teatro Rosalía Castro da Coruña ofrece, venres e sábado, a obra Distancia siete minutos. Será ás 20:30 horas.
Tamén venres e sábado ás 20:30 horas, no Teatro Colón da Coruña represéntase Mujeres como yo.
Raúl Cimas e Julián López presentan o seu show Toda la verdad sobre el oso hormiguero no Auditorio Abanca de Santiago ás 20.30 horas.
Terrakota estará na segunda edición do Compostela Reggae da Sala Capitol desde as 21:00 horas. TERRAKOTAOFFICIALPAGE.WORDPRESS.COM
Tras o seu paso por Vigo Raphael leva o seu espectáculo ao Pazo da Ópera da Coruña ás 20:30 horas. RAPHAELNET.COM
Concerto de Treixadura ás 21:00 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra. TREIXADURA.COM
Sede de mal represéntase ás 20:30 horas na Sede Afundación de Pontevedra ás 20:30 horas.
O Teatro Principal de Ourense ofrece, sábado e domingo, a obra El crédito.
No Teatro Jofre de Ferrol represéntase ás 20:30 horas Love Room.
Séptima edición da festa Arde o Pazo en Mos. MOS.ES
Recital de María do Ceo no Teatro Afundación de Vigo ás 19:00 horas. MARIADOCEO.COM
Pedro Volta estará co seu espectáculo Ilusionante no Teatro Colón da Coruña ás 19:00 horas. PEDROVOLTA.COM
Chano Domínguez e Niño Josele protagonizan o recital do ciclo Jazz 1906 que acolle o Teatro Principal de Santiago ás 20:00 horas. CLUB1906.ES/CICLOS-1906-JAZZ
Vedra celebra a XXXV Exaltación do Viño da Ulla. CONCELLODEVEDRA.COM
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )