
A PROXIMIDADE DO VERÁN TRAE A GALICIA FESTIVAIS E FESTAS AO AIRE LIBRE QUE PROTAGONIZAN BOA PARTE DA AXENDA DESTE FIN DE SEMANA.
Venres
Desde o venres e ata o domingo, Lugo volve ao pasado para festexar Arde Lucus. Ardelucus.com
Café Quijano ofrece un concerto no Teatro Colón da Coruña a partir das 21:00 horas. Cafequijano.com
Berrogüetto presenta o seu espectáculo Unha luz que se apaga ás 21:00 horas no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Berroguetto.com
Doctor Queen Tour 2014 chega ao Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa ás 23:00 horas.
Venres e sábado La Cubana representa no Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de Vigo Campanadas de Boda.
De venres a domingo O Grove celebra o seu terceiro Desembarco Pirata. Desembarcopirata.com
Tamén de venres a sábado o concello de Barro celebra a XXXV Festa do viño. Barro.es
Sábado
Melendi ofrece un concerto no Multiusos do Sar de Santiago ás 22:00 horas. Melendioficial.com
Nacho Vegas actuará na Sala Capitol de Santiago ás 22:00 horas.
Cavalleria Rusticana de Pietro Mascagni se representa no Teatro Colón da Coruña ás 20:30 horas.
O barítono Juan Jesús Rodríguez ofrece no Auditorio de Ferrol o recital Bailar, cantar, soñar. Será ás 20:30 horas.
O parque de Belvís en Santiago acolle, durante toda a xornada, a Romaría Pop. Romariapop.com
En Allariz comeza a Festa do Boi que se celebrará ata o 22 de xuño. Allariz.com
Domingo
Beariz celebra a VIII Festa do porco celta.
En Vila de Cruces a Festa gastronómica do Galo de Curral cumpre 21 edicións. Viladecruces.es
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )




