ESTA NOITE COMEZA UNHA FIN DE SEMANA LONGA EN GALICIA GRAZAS Á FESTIVIDADE DO DÍA DA PATRIA GALEGA. ESTES DÍAS CHEGAN CARGADOS DE FESTIVAIS E FESTAS QUE SALPICAN TODO O NOSO TERRITORIO E NOS DEIXAN UNHA AXENDA DO MÁIS APERTADA. A GOZALA!!!
- De xoves a domingo Ribadeo celebra a terceira edición do Festival Jazz & Blues. Jazzbluesribadeo.com
- A partir das 21:00 horas o parque do Pasatempo de Betanzos acolle O Roque & Roll, con Airbourne, The answer e Riff Raff. Festivaldelpasatiempo.com
- Tras o espectáculo nocturno e lumes do Apóstolo, Santiago acolle un concerto de Loquillo na praza da Quintana a partir de medianoite. Loquillo.com
- David Bisbal leva a súa xira Tú y yo en concierto ao campo da Malata en Ferrol. Será ás 21:30 horas. Davidbisbal.com
- Dentro das festas do Apóstolo de Santiago, Los Planetas actúan na praza da Quintana desde as 21:00 horas.
- Rianxo celebra a XXII Festa da Xouba. Concelloderianxo.es
- De venres a domingo As Neves vive a IX Festa do Tinto Rías Baixas. Asneves.com
- A Festa da Cigala de Marín cumpre 20 anos e realízase de venres a domingo. Concellodemarin.es
- Marlango actúa no Náutico de A Barrosa (O Grove) a partir das 1:00 horas. Marlango.net e Nova Galicia10
- Malpica acolle o Nordestazo 2014 con Los Enemigos e Barón Rojo, entre outros artistas. Nordestazorock.com
- Dorian será unha das bandas que actúen no Artfest Baixo Minho 2014 que se celebra na Guarda con máis de 10 horas de música en directo. Artfestbaixominho.com
- Crystal Fighters ofrecen un concerto ás 22:00 horas na praza da Quintana dentro das festas do Apóstolo. Crystalfighters.com
- Sábado e domingo Aguiño celebra a XVIII edición da Festa do percebe. Riveira.es
- Moraña celebra a súa xornada principal dentro da XLV Festa do Carneiro ao espeto. Morana.org
- Última xornada da XX Feira das Marabillas que se celebra na Coruña desde o pasado martes. Ciudadviejacoruna.es
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )
XXX Festival Intercéltico de O Morrazo en Moaña. De balde, no palco da alameda.
25 de xullo:
22.00h. Seisporoito.
23.00h. Luar na Lubre.
26 de xullo:
22.00h. Susana Seivane.
23.00h. Budiño
Bo apunte!!