HUMOR, TEATRO, DANZA, CABARÉ, MONICREQUES, MÚSICA E TRADICIÓN SON OS INGREDIENTES DO FIN DE SEMANA GALEGO.
Os rapeiros madrileños Natos e Waor actúan ás 21.00 horas na Sala Capitol de Santiago. Natosywaor.com
Goyo Jiménez regresa este fin de semana a Galicia co seu monólogo Evoluzión ás 21:00 horas no Teatro Principal de Santiago. Goyojimenez.es
O Auditorio de Ferrol, dentro do ciclo Sons de Ferrol, acolle o concerto de Izal ás 21:00 horas. Izalmusic.com
Dentro do ciclo TRC Danza do Teatro Rosalía Castro da Coruña, represéntase Fácil ás 20:30 horas.
Sarabela Teatro leva a escena Pequenas Certezas. Será no Auditorio Municipal de Ourense ás 23:00 horas. Sarabelateatro.com
O cantante portugués Antonio Zambujo actúa ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia de Santiago. Antoniozambujo.com
Desde o sábado ata o 5 de outubro, Santiago acolle o XIX Festival Internacional de Monicreques Galicreques. Titerescachirulo.com/galicreques
Dobre función de Evoluzión con Goyo Jiménez no Centro Cultural Afundación de Vigo. Goyojimenez.es
O Teatro Colón da Coruña ofrece a partir das 21:00 horas o Maratón cabaré e café cantante, dentro do 8º Festival Galego de Cabaré.
Goyo Jiménez ofrece o seu espectáculo Evoluzión ás 19:30 horas no Auditorio Municipal de Ourense. Goyojimenez.es
Marín acolle a tradicional Danza das Espadas, declarada de interese turístico de Galicia. Descubremarin.com
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )