O FIN DE SEMANA DE ENTROIDO DÉIXANOS, ADEMAIS DAS CELEBRACIÓNS TRADICIONAIS, FESTAS GASTRONÓMICAS E UNHA AMPLA OFERTA DE MÚSICA E TEATRO.
Venres
- Concerto de Pablo Seoane Trío ás 21:00 horas no Teatro Principal de Santiago co disco Inópia como protagonista da noite.
- Standstill participan no ciclo Compostela Rock co seu disco Dentro de la luz. Será ás 21:30 horas no Auditorio Novagalicia Banco. standstillband.com
- Redrum Teatro leva ao Teatro Rosalía Castro da Coruña a obra Amor flexible, que se representará ás 20:30 horas.
- O Teatro Colón da Coruña acolle a obra Misterio Cómico de Teatro do Morcego. Será ás 21:00 horas.
- De venres a domingo Arzúa celebra a 39ª edición da Festa do Queixo. festadoqueixo.org
- Dentro das suas festas de Entroido Laza acolle a VIII Festa Gastronómica de Cachucha, a Bica Branca, o Xastre o Licor Café. Laza.es
Sábado
- Leiva xa agotou todas as entradas para o concerto que ofrece na Sala Capitol de Santiago de Compostela. Leivaweb.es
- Sondeseu presenta o seu cuarto disco Danzas Brancas ás 20:30 horas no Auditorio de Novagalicia Banco de Santiago. Duacode.com/sondeseu
- O xardín das pernas roubadas da Tuerka Teatro represéntase no Teatro Jofre de Ferrol ás 20:30 horas.
- Ramón Arangüena presenta o seu espectáculo El placer de fracasar no Teatro Colón da Coruña ás 21:00 horas.
- Sábado e domingo Baiona acolle unha nova edición da Festa da Arribada. Baiona.org
- Abadín celebra a IX edición do evento Expogrelo cun concurso e degustación deste producto. Abadin.es
Domingo
- O domingo de Entroido celebrarase en toda Galicia con múltiples actividades e festas a lo longo de toda a xeografía. Pero ademáis, haberá outras celebracións como:
- As Pontes celebra o seu XXXIV Feira do Grelo con concurso, música, exposición e degustación. Aspontes.com
- Dentro das suas festas de Entroido, Viana do Bolo acolle unha nova edición da Festa da Androlla.
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )