Tras uns días en modo mantemento, Galicia10 volve estar dispoñible a través dunha web totalmente renovada tanto en aspectos de deseño e estética, como en canto a novos servizos e widgets que se poden encontrar na páxina. Destacan os novos botóns e o menú, dende o que se pode acceder, de forma máis directa, á sección de Hemeroteca na que se poden consultar os números da nosa revista.
Unha das principais melloras que incorporamos á nova web é a súa flexibilidade e capacidade de adaptación a todo tipo de dispositivos: dende unha pantalla de ordenador, a unha tablet ou a un dispositivo móbil.
Esperamos que sigades gozando da nosa web e grazas pola vosa paciencia!