Dende este venres, 11 de sconcursetembro, e ata o próximo 27 deste mes, A Coruña acolle unha nova edición do concurso de tapas Picadillo, que este ano contará cun total de 74 establecementos participantes.
Nesta XII edición, presentaranse un total de 97 tapas que competirán en tres categorías diferentes: tradicional, creativa e, como novidade, maridaxe -un pincho que terá que servirse cun viño e que patrocinará a D.O. Valdeorras–.
Ademais dos galardóns ás mellores tapas, o concurso segue premiando os clientes que voten as tapas dos establecementos participantes. Por outra parte, este ano vólvense celebrar os talleres infantís Pequepincho.