A cidade da Coruña celebra, ata o 2 de outubro, unha nova edición do Concurso de Tapas Picadillo.
Un total de 70 locais e 93 tapas participan neste certame: 55 na categoría de tapa tradicional e 38 en creativa. De forma paralela, parte das tapas estarán tamén na categoría de maridaxe.
Doutra banda, as tapas son de nova creación ao non formar parte da carta habitual dos establecementos participantes. Estarán elaboradas de forma artesanal e contando con algún produto galego. Ademais, un total de 26 tapas serán aptas para celíacos.
Os locais optan aos premios á mellor tapa tradicional, creativa e o premio Cidade da Coruña, outorgado polo público, quen accederá ao sorteo de diversos premios cos seus votos.






