O Cluster Turismo de Galicia acaba de presentar a marca Enoturismo Galicia, unha iniciativa que reúne a catro das cinco denominacións de orixe da comunidade – Rías Baixas, Ribeira Sacra, Monterrei e O Ribeiro- co obxectivo de promocionalas de forma conxunta.
A través da web http://enoturismo-galicia.com/es/home/ os interesados poderán consultar rutas vinícolas, paquetes turísticos polas adegas, restaurantes, monumentos e paisaxes destas denominacións.
A iniciativa, que pretende desestacionalizar o turismo en Galicia, súmase a outras propostas que pretenden destacar a oferta enoturística galega como Paseando entre viñedos ou os trens turísticos.