O Consello Regulador das Auguardentes e Licores Tradicionais de Galicia ofrece, un ano máis, as súas Xornadas de Degustación e Maridaxe que celebran a súa cuarta edición en Cambados. A iniciativa desenvolverase os días 5 e 6 de novembro.
As actividades, incluídas no Día Europeo do Enoturismo, inclúen unha cata comentada, showcookings, coctelería e unha mostra dos produtos amparados. Serán todas de carácter gratuíto. O obxectivo é dar a coñecer a calidade e versatilidade dos produtos das catro indicacións xeográficas: augardente de orujo, augardente de herbas, licor de herbas e licor café.