A capital galega prepárase para unha nova edición do concurso gastronómico Santiago(é)Tapas que este ano se celebrará entre o 14 e o 30 de novembro coa participación de 69 locais que ofrecerán 111 petiscos.
Deses 69 establecementos, 14 locais son novos, o que amosa o interese que esperta a cita entre o sector. Os clientes poderán decidir que tapas son as súas favoritas votando nas urnas situadas nos distintos establecementos participantes e aspirar a distintos premios selando o seu tapasporte. Os petiscos terán un prezo común de 2 euros.
Ademais, a través da interacción nas redes sociais @santiagoetapas e facebook.com/santiagoetapas, os internautas poderán entrar en promocións especiais, como seren parte do xurado.