FIN DE SEMANA LONGO NO QUE TODA GALICIA É UNHA FESTA. MÚSICA, GASTRONOMÍA E TODO TIPO DE PROPOSTAS PARA GOZAR DESTES DÍAS DE DESCANSO.
- De venres a domingo, a praia de Valarés, en Ponteceso, acolle o festival VdeValarés. http://vdevalares.com/es/
- Venres e sábado celébrase o XXV Rock in Cambre. http://www.cambre.es/es/
- De venres a domingo, Vigo celebra unha nova edición do Marisquiño. http://omarisquino.com/
- Tamén de venres a domingo Mondoñedo acolle unha nova edición do seu mercado medieval.
- Sondeseu actúa ás 23:00 horas en Vilagarcía dentro do San Roque. http://www.duacode.com/sondeseu/
- O Teatro Colón da Coruña acolle ata o domingo varias funcións de Por humor al arte con Arévalo e Bertín Osborne.
- Avión celebra a súa Fiesta Mexicana.
- Dentro das festas de María Pita da Coruña, é o día da Batalla naval desde as 23:00 horas e concerto de Carlos Baute, na praza de María Pita ás 23:30 horas.
- Burning actúa dentro do San Roque de Vilagarcía ás 23:00 horas. http://www.burningmadrid.com/
- En Pontevedra comezan as festas da Peregrina.
- Concerto de Ute Lemper ás 22:00 horas na praza de María Pita da Coruña. http://www.utelemper.com/
- Carlos Jean actúa ás 23:00 horas no San Roque de Vilagarcía. http://carlosjean.tv/
- LIV Festa do Pulpo en O Carballiño. http://www.festadopulpodocarballino.es/
- Comeza en Betanzos o San Roque, con concerto de Ariel Rot. http://www.betanzos.net/
- Tamén se inicia o San Roque en Viveiro.
- Arbo acolle a XXI Festa da Lamprea Seca. http://www.concellodearbo.es/eportal/portal/
- Última xornada en Malpica da Mostra da Olería de Buño. http://www.concellomalpica.com/es/
- A Cañiza celebra a L Feira do Xamón. http://www.caniza.org/?lang=es
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )