MÚSICA, TEATRO, MAXIA, HUMOR E FESTAS GASTRONÓMICAS AMENIZARÁN O FIN DE SEMANA.
- Actuación de Uxía e Narf ás 21:00 horas no Auditorio Municipal do Concello de Vigo.
- Luis Piedrahita actúa ás 21:00 horas no Teatro Afundación de Vigo. http://luispiedrahita.com/
- Losers represéntase ás 20:30 horas no Teatro Colón da Coruña.
- O Teatro Principal de Santiago acolle o espectáculo de danza Bach ás 20:30 horas.
- O Teatro Principal de Ourense acolle ás 20:30 horas o espectáculo Latente.
- Love of Lesbian actúan ás 21:30 horas no Pazo Paco Paz de Ourense. http://loveoflesbianband.com/
- O Playa Club da Coruña acolle ás 23:00 horas a xira 10 años Noche Sabinera.
- Pedro Volta ofrece o seu espectáculo Ilusionante ás 19.30 horas no Auditorio Afundación de Pontevedra. http://www.pedrovolta.com/
- Andrés Suárez actúa no Auditorio Gustavo Freire de Lugo ás 21:00 horas. https://www.andressuarez.es/
- Sábado e domingo Carral celebra unha nova edición da Festa do pan. http://www.carral.es/
- A xira 10 años Noche Sabinera chega á sede de Afundación en Pontevedra ás 20:30 horas.
- A Estrada celebra a XLIII Festa do Salmón. http://www.aestrada.com/index.php/gl/
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )