O 1 de xuño, a Cidade da Cultura de Galicia en Santiago, acolle unha nova edición do ciclo Enocións by Ribeiro, que contará cunha maridaxe de moda e viño, no que estarán presentes as adegas GRM, Nairoa, Viña da Cal e Pazo do Mar e a colección coupage de María Barros. Todo isto completarase cunha visita guiada á exposición Con-Fío en Galicia.
A visita guiada comezará ás 19:00 horas, mentres que a presentación de deseños e a cata de viños será a partir das 20:00 horas. As entradas están á venda na web www.ticketea.com, en Reixa Tenda e no espazo enocultural Vide-Vide de Santiago, así como na sede do CRDO Ribeiro, en Ribadavia.