Castelao Artista. Fundamentos do seu estilo (1905-1920) aínda se pode visitar no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra ata o 5 de xuño.
Trátase dunha ocasión perfecta para contemplar algunhas das mellores obras do artista de Rianxo ao reunir tanto os fondos do legado do artista ao Museo de Pontevedra como outros de fundacións públicas e privadas, que cederon aproximadamente o 20% dos traballos.
Dividida en varios períodos, a exposición permítenos contemplar a evolución de Castelao ao longo de quince anos. Desde os primeiros anos da súa traxectoria artística en 1905 cando aparece o seu primeiro debuxo asinado, pasando pola súa estancia na Estrada, a súa consolidación como artista entre 1913 e 1915, as súas obras de cegos, ata as súas obras de gran formato, que son reunidas nunha exposición por primeira vez.