A MÚSICA PROTAGONIZA ESTE FIN DE SEMANA DE MAIO NO QUE TAMÉN HABERÁ TEMPO PARA O TEATRO E AS FESTAS.
- O Teatro Afundación de Vigo acolle ás 20:30 horas a Alberto Cortez e El regreso. http://www.albertocortez.com/
- Sergio Dalma estará en concerto ás 22:00 horas no Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo. http://sergiodalma.es/
- O Pazo da Cultura de Pontevedra ofrece a partir das 21:00 horas a actuación de Immaculate Fools. http://immaculatefools.uk/
- No esconderás un cadáver en el armario represéntase no Teatro Principal de Ourense ás 20:30 horas.
- O Teatro Colón da Coruña acolle a representación de Memorias dun neno labrego ás 20:30 horas.
- Concerto de Manu Escudero ás 20:00 horas no Teatro Afundación de Vigo. http://www.manuescudero.com/
- Tras o seu paso por Vigo, Sergio Dalma estará no Palacio de Congresos da Coruña desde as 21:00 horas. http://sergiodalma.es/
- A obra As do peixe represéntase ás 20:30 horas no Teatro Colón da Coruña.
- Manuel Carrasco actúa ás 21:00 horas no Palacio de Congresos y Exposiciones de Santiago. http://www.manuelcarrasco.es/
- O Teatro Principal de Santiago será escenario da actuación de Omar Argentino ás 20:30 horas dentro do Festival Internacional de Impro de Galicia.
- En Allariz comeza a Festa do Boi, que se celebrará ata o 29 de maio. http://www.festadoboi.gal/
- Dentro do Festival Internacional de Impro de Galicia que se celebra en Santiago, o Auditorio de Galicia acolle Big Band de Impro ás 20:30 horas.
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )