Desde este fin de semana e ata o próximo, celébrase a novena edición de Ribadeo de tapeo, na que participan un total de 50 bares, mesóns e restaurantes repartidos en catro zonas.
As principais novidades do ano son a Tapa do Mercado -ofrecida, gratuitamente, polos praceiros da localidade na praza de abastos- e os Cantos da Taberna -que se realizará o sábado en máis dunha trintena de locais-.
Dentro da programación de Ribadeo de tapeo inclúense os Soños Gastronómicos, que dan unha serie de premios, descontos e agasallos en diferentes hoteis que son os que participan, para que a xente se achegue tamén a gozar máis dun día. Terán un 15% de desconto en pernoctas, haberá un pack de información turística… E, como é habitual, sortearanse premios entre os clientes.