TETRO, DANZA, HUMOR, MAXIA, MÚSICA, ESPECTÁCULOS EN FAMILIA, FESTAS… UNHA PROGRAMACIÓN MOI VARIADA PARA DESPEDIR ABRIL E RECIBIR MAIO.
- Paula Quintana ofrece o espectáculo de danza Latente no Auditorio Municipal do Concello de Vigo ás 21:00 horas. paulaquintana.com
- Nada Surf actúa ás 21:00 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra. nadasurf.com
- A obra de teatro Nuestras Mujeres represéntase ás 20:30 horas no Teatro Colón da Coruña.
- O Auditorio Municipal de Ourense acolle Monólogo do imbécil. Será ás 20:30 horas.
- Yllana leva Chefs ao Auditorio Municipal de Cangas ás 21:00 horas. yllana.com
- O Teatro Principal de Santiago acolle o espectáculo de danza Planificar a caída. Será ás 20:30 horas.
- Durante todo o fin de semana Ribadavia celebra unha nova edición da Feira do Viño do Ribeiro. ribadavia.es Mentras que Mondoñedo realiza a súa Festa das Quendas. mondonedo.net
- O Palacio de Congresos y Exposiciones de Santiago acolle ás 17:00 horas o Festival Clan.
- O Teatro Principal de Santiago contará con espectáculo de danza Ulises e a nena durmida ás 20:30 horas.
- O Teatro Colón da Coruña ofrece ás 20:30 horas Dirty Dancing Sing-along.
- David Guapo actúa ás 21:00 horas no Teatro Afundación de Vigo. davidguapo.com
- O Pazo da Cultura de Pontevedra ofrece a representación de Sofocos plus ás 21:00 horas.
- Yllana estará con Chefs no Teatro Jofre de Ferrol ás 19:00 horas. yllana.com
- A Pontenova celebra, sábado e domingo, a Festa da Troita. pontenova.es
- Dobre función do Festival Clan en Afundación de Pontevedra: ás 12:00 e ás 17:00 horas.
- O Teatro Principal de Santiago acolle ás 20:30 horas o espectáculo Control.
- Ata o 7 de maio a cidade de Lugo celebra LugoMáxico. lugo.gal
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )