Pablo Alborán ofrece un concerto ás 20:30 horas na explanada exterior do Pazo da Cultura de Pontevedra. pabloalboran.es
O Teatro Colón da Coruña acolle a representación de Chirigóticas, el origen ás 21:00 horas. chirigoticas.es
Moncho Borrajo protagoniza, o venres e o sábado, no Teatro Principal de Ourense Moncho Panza.
O festival Reperkusión celébrase en Ourense o venres e o sábado. reperkusion.com
En Rianxo comezan as Festas da Guadalupe 2015, que se celebrarán ata o 18 de setembro. Guadaluperianxo.org
De venres a luns, Muxía celebra as Festas de Nosa Señora da Barca. Concellomuxia.com
En A Coruña e Lugo comezan senllos concursos de tapas, que van pola 12ª e a 11ª edición, respectivamente.
O Teatro Colón da Coruña acolle ás 20:30 horas o espectáculo Noites de Retranca.
En Ferrol represéntase Las esposas alegres de Windsor. Será no Teatro Jofre ás 20:00 horas.
Vigo regresa á época dos romanos coa celebración, sábado e domingo, de Vicus Spacorum. comerciantesnavia.es
O concello de Poio celebra unha nova edición da súa tradicional Festa dos Callos.
Estas son só as nosas propostas, pero Galicia terá moitas máis citas durante estes días. Se queres destacar os teus eventos favoritos ou as festas da túa cidade ou pobo, animámoste a que poñas un comentario nesta páxina ou nas nosas redes sociais!!! ; )