O aeroporto de Santiago de Compostela, Lavacolla, estreará o próximo verán unha base da compañía aérea irlandesa Ryanair, que se converterá na número 12 da empresa en España.
Ryanair mostra así o seu compromiso con Galicia para consolidarse no mercado español con esta base que será a número 74 da compañía no mundo. En concreto, a empresa contará cun avión con base neste aeroporto, o que permitirá operar voos dende primeira hora da mañá.