A empresa lucense Torre de Núñez incorporouse ao Consorcio do Xamón Serrano Español, unha agrupación que, dende 1990, reúne as máis importantes compañías do sector cárnico do país.
Para a empresa galega supón unha oportunidade para continuar coa súa expansión internacional, xa que o obxectivo do Consorcio é proporcionar un selo de calidade que garanta un xamón serrano exclusivo e de alta calidade.